Estas semanas estivemos aprendendo un pouco máis sobre as características dos animais vertebrados e invertebrados. Rematamos a unidade facendo unha pescuda completamente persoal escollendo un exemplar de vertebrado e outro invertebrado. O último paso foi expoñer as dúas investigacións aos compañeiros.
Que sorpresa máis agradable levamos todos os estudantes de 3º e 4º de EP! Aproveitando que estamos traballando o reino animal e sabendo que hai un museo de historia natural moi preto do colexio, fumos ata alí a visitalo.
Aprendimos moito dos seres vivos alí expostos que viven en ecosistema terrestre e acuático, as súas características principais e tamén algunha curiosidade como o traballo realizado para limpar, conservar e traer o gran esqueleto de balea que hai alí para admirar.
En 4º de primaria aprendimos como se organizaba a vida durante a Prehistoria. Tamén coñecimos diferentes restos prehistóricos que seguen hoxe en día con nós e algúns deles podemos visitalos.
Os estudantes deste curso buscaron información dalgúns destes restos formados por grandes pedras e «debuxos» en pedra que se encontran en Galicia. Aquí debaixo queda un recordo do moito que traballaron.
Con motivo del proyecto y siguiendo los contenidos del curso académico en el área de matemáticas, la clase de 3º primaria estuvo aprendiendo de manera práctica a trabajar las medidas a través de la cinta métrica y la regla. Les ha encantado medir distintos objetos y partes del aula porque no hay mejor manera de aprender que haciendo.
Aquí podéis ver una pequeña muestra de lo que hicieron.
Con este título elixido para a unidade didáctica traballada, conseguimos aprender a diferenza entre a materia prima e o produto elaborado así como a clasificación dos traballos dependendo da súa función.
Deixo aquí unha pequena mostra dos traballos feitos para área de Sociais.
Así titulamos a unidade didáctica sobre o noso planeta Terra e os coidados que debemos facer nela para non rematar co lugar onde vivimos.
Despois de traballar as distintas medidas que hai a nivel mundial (o protocolo de Kioto ou o Tratado Antártico sobre protección do medio ambiente), decidimos inventar un posible protocolo sobre un tema que preocupara a cada un. Saíron moitos problemas actuais como os plásticos, o corte masivo de árbores, entre outros.
Ao longo das semanas do segundo trimestre, os estudantes de 3ºEP traballaron na creación dunha campaña electoral co fin de vivir a experiencia da votación a alcalde ou alcaldesa da «cidade» deste curso.
Cada equipo pensou:
nome do seu partido político
unha frase para captar a atención dos votantes
dúas promesas que puideran levarse a cabo na clase co fin de potenciar o benestar de todos, profesorado e alumnado.
presentación oficial da súa propaganda electoral
Posteriormente, cada neno escolleu libremente e con dereito o partido que máis gustou a cada un.
Por último, os concelleiros e concelleiras do partido político gañador escolleu o alcalde. Neste caso, temos unha alcaldesa.
As áreas de Educación física e Naturais decidimos xuntarnos en 3º EP para levar a cabo un pequeno pero movido proxecto no que combinamos os hábitos saudables contra as enfermidades.
Primeiro, cada equipo de traballo (formado xa desde inicio de curso) traballou un contido a través dun pequeno texto:
Ejercicio físico en nuestras vidas
Una buena alimentación es básica para estar sanos
Luchamos contra posibles enfermedades
Higiene postural y corporal
Toca descansar
Logo, escollimos as palabras clave de cada documento e fixemos un pequeno resumo. Ao mesmo tempo, puxemos en práctica os contidos traballados nas sesións de Educación física a través da actividade física e xogos con tarxetas.
En terceiro lugar, escribiron o anteriormente feito nunha cartolina á que engadiron debuxos relacionados co tema. Posteriormente, comentaron aos compañeiros o traballo realizado e responderon as preguntas.
Finalmente, as profes decidimos crear un kahoot para averiguar se o proxecto tivera resultado.