Visita do Baxi Ferrol

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

As xogadoras do Baxi Ferrol Irene Garí, Jenna Allen e Jessica Fequiere visitaron o colexio o pasado luns 6 de febreiro.

Primeiro foron recibidas polos estudantes de 5º e 6º de educación primaria en relación ao traballo de baloncesto feito na área de Educación física nas semanas previas. Aproveitaron a súa visita sorpresa para realizarlles preguntas sobre a súa estancia na cidade, o seu futuro neste deporte…

Despois desa rolda de prensa, as tres xogadoras fixeron uns xogos entre elas e posteriormente cos nenos/as dos distintos ciclos educativos para desfrutar dun tempo con elas e practicar o deporte.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, POLO BO TRATO E POLA INVITACIÓN AO DERBI GALEGO.

VÉMONOS NA MALATA!!!

                              Pica na imaxe

                              Pica na imaxe

 

Visitamos o museo de historia natural – SGHN

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Onte os alumnos/as de 3º de educación primaria visitamos o museo de historia natural (SGHN) ubicado na praza de Canido. Alí puidemos demostrar os nosos coñecementos do reino animal, en concreto, dos distintos grupos de animais vertebrados e invertebrados.

Quedamos abraiados coa pel de serpe, o tamaño tan grande dunha vacaloura, as dentaduras dos tiburóns… coñecimos ao «kraken» do museo e aprendimos como lograron conservar e meter un esqueleto de balea (un dos máis grandes do noso país).

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.

Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.

Visita do 2º ciclo de educación primaria á escola de mobilidade

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

O alumnado do 2º ciclo de educación primaria visitou o venres 27 de xaneiro a escola de mobilidade de Ferrol ubicada no pabellón 5 de FIMO. Alí recibiunos Eugenia (axente de policía local) para explicarnos que é o tráfico, como manexarnos nas beirarrúas ao cruzarnos con outros peóns ou coñecer as sinais de tráfico máis habituais da cidade.

Rematamos a xornada conducindo os karts para poñer en práctica o aprendido.

 

Ímolo pasar pirata! Visita guiada

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

O alumnado de 3º de educación primaria acudiu esta mañá á Sede de AFundación Ferrol ubicada na praza da Constitución para visitar a exposición Ferrol no tempo.

A través do título chamativo «Ímolo pasar pirata», os/as estudantes recibiron a misión de defender o certificado de Ferrol como cidade encontrando pesquisas e respondendo preguntas feitas pola guia.

Foi unha xornada do máis interesante descubrindo a ciencia e tecnoloxía, a cultura, a educación, a sociedade e a economía de Ferrol que rematou entrando no estaleiro pirata para botar o noso barco.

Obradoiro de Unha ollada a Viladoce

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Este xoves o alumnado de 3º y 4º educación primaria recibimos a visita de Miguel Anxo Romero para realizar un obradoiro moi divertido baseado no libro Unha ollada a Viladoce escrito xunto a Leandro Lamas.

Explicou como facer un album ilustrado, a importancia da paciencia á hora de debuxar,  trouxo os seus debuxos orixinais dun libro dedicado para a biblioteca do cole e, por último, deseñamos o noso libro De prácticas en Viladoce».