XOGOS POPULARES EN CANIDO

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Hai un tempo, Antón Cortizas veu ao noso centro a explicarnos o seu obxectivo: encher as rúas de nenos e nenas practicando xogos populares durante a celebración dos Maios de Canido. Nós aceptamos e os estudantes de educación infantil e o alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria acudimos ás áreas designadas para xogar á goma, á comba, ao brilé, cos aros, ao zapatiño quieto é

Nenos e profes quedamos encantados con esta actividade!

PICA NA IMAXE

III Festival ilustrado de Ferrol

Por En Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado luns 17 de abril, todos os cursos de educación primaria participaron no III Festival ilustrado de Ferrol co fin de promocionar e apoiar a cidade para ser Patrimonio da Humanidade. A nosa actividade estaba relacionada cun baile típico daquela época, o minué, que ensaiamos nos días previos ao evento.

Tivemos a sorte de poder falar uns minutos co alcade e a concelleira de Patrimonio e pousaron con nós nunha foto para o recordo.

                                                                                        pica na imaxe
                                                                     pica na imaxe

 

Disecamos unha flor!

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Que ben senta diseccionar unha flor e así comprobar que os contidos do libro corresponden coa realidade, verdade? Iso fixeron hoxe os estudantes de 3º de educación primaria na área de ciencias da Natureza mediante un traballo por parellas.

ENTROIDO e ENTERRO DA SARDIÑA

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Entroideando foi o título elixido para celebrar o carnaval no centro.

O venres 17 celebramos o inicio do entroido saíndo á rúa para ensinar os disfraces feitos nas aulas coa temática do carnaval galego e o seguinte venres rematamos preparando o enterro da sardiña na que alumnado, profesorado e persoal do centro encheron as aulas de xoaniñas, bufóns, vikingos, astronautas, sevillanas, mafiosos, …

QUE BEN O PASAMOS!

                              PICA NA IMAXE
                           PICA NA IMAXE