El Principito en proyecto competencial

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

¡Menudo curso más molón en proyecto competencial!

Durante todo el curso académico, el alumnado de 3º y 4º de educación primaria han dedicado las horas del área para leer, comprender, analizar y transformar uno de los capítulos del cuento de El Principito en una película y en un teatro de sombras, respectivamente.

Recortes en cartón, pintura de dedo, fotocopias, textos subrayados, luces, vestuario…todo ha sumado para el resultado final.

Hemos tenido altibajos durante todos estos meses pero creo que ha merecido la pena el resultado…aun no pudiendo grabar una de las películas por estar enfermo uno de los actores y narradores de una clase.

¡FELICIDADES POR EL RESULTADO!

Dejo aquí unas fotografías y mini vídeos con lo que pudimos grabar…

 

LUÍSA VILLALTA NAS LETRAS GALEGAS 2024

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Esta semana dedicamos un tempo fermoso á lectura en galego e ao coñecemento dunha muller polifacética, galega e homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas: Luísa Villalta.

Fixemos algunhas actividades para coñecer máis a súa biografía, limos partes da súas publicacións e posteriormente tivemos un rato para ler no colexio de xeito individual ou facendo lecturas colectivas.

Pica na imaxe

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA #DEFC2024

Por En Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Onte toda a etapa de Educación Primaria celebrou o Día da Educación Física na rúa xogando en distintos emprazamentos do barrio de Canido. Desfrutaron de cada un dos xogos separados por estacións seguindo as instrucións de Ana e outros/as profes que alí acudiron.

Moitas grazas ao COLEF Galicia por realizar esta actividade poñen, así, en relevancia o papel importante que xoga a Educación Física na sociedade e na saúde mental da man de todos e todas os/as profesionais implicados.

Visitamos a lonxa de Ferrol

Por En Infantil, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado venres 5 de abril, os estudantes de 3 anos de educación infantil e os estudantes de 4º de educación primaria visitaron a lonxa de Ferrol situada no porto de Curuxeiras. Alí, Gustavo (presidente da cofradía de pescadores) e parte do seu equipo mostráronnos o traballo que realizan a diario para obter  distintos productos do mar, o seu modo de conservación e ata a lonxa aberta ao público.

Moitas grazas polo voso traballo e esforzo!

8M, día internacional da muller

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.

Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.

PICA NA IMAXE

 

This is our town

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Os nenos e neas de 3º de educación primaria traballaron o vocabulario relacionado coa cidade. Despois decidiron que a mellor maneira de aprendelo foi mediante a construción dos edificios  utilizando  material da  casa.

HUGO de Naúfragos teatro

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Estes venres os alumnos/as de 3º e 4º educación primaria visitamos a Sede Afundación no centro da cidade para desfrutar de Hugo (Naúfragos teatro), obra de teatro gañadora do premio María Casares no 2022 polo mellor espectáculo para público infantil e familiar.

Unha obra de aproximadamente 50 minutos que fala sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista) na infancia desde a empatía e a sensibilidade, falando de diversidade, de convivencia e da beleza de ser diferentes.

 

O proceso dixestivo – obradoiro científico

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Hoxe, os alumnos/as de 4º EP fixemos unha sesión moi especial: un obradoiro científico sobre os pasos no proceso dixestivo.

Trituramos as galletas e o plátano, mesturamos, usamos unha bolsa de autopeche como estómago, apretamos «os intestinos» e finalmente, obtimos as feces.

Houbo gritos, risas e algunha arcada durante o obradoiro pero penso (polos resultados escritos na ficha de traballo) que comprenderon perfectamente cada un dos procesos.