Visita do 3º ciclo ao CIS Tecnoloxía e Deseño

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este lunes 17 de xuño o alumnado de 5º e 6º de educación Primaria asistiu ás instalacións do CIS en a A Cabana co fin de realizar uns obradoiros relacionados coa tecnoloxía, química e cosmética.

Traballando en equipos, realizaron un primer obradoiro sobre os estados da materia e levaron para a casa unha bomba de baño efervescente feita con bicarbonato de sodio, ácido cítrico, un pouco de auga e esencias. Neste mesmo obradoiro puideron ver como se apagan unhas candeas sen «nada» visible e tamén, comprobaron o ph dalgúns líquidos.

O segundo obradoiro foi máis tecnolóxico: programaron unhas placas microbit da BBC creando un dado de seis caras ou o xogo de pedra, papel e tesoiras, entre outros.

Pensamos que quedaron encantados/as coa experiencia vivida nesa mañá!

Aquí deixamos un pequeno resumo pero hai máis información en:

https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/san-rosendo-participa-talleres-cis-cabana-4874256

e no noso perfil de INSTAGRAM @cpr_sanrosendo

Os circuítos eléctricos

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

En 5º de educación primaria traballamos de xeito teórico e práctico a unidade sobre a enerxía e a electricidade. Despois de aprender as partes dos circuítos eléctricos que mellor modo de afianzar ese contido que facendo un deles grazas ao material de Polos creativos.

Conseguimos encender as luces LED grazas ao traballo ben feito!

Fotografía e arqueoloxía no ARQUEÓDROMO

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

O alumnado de 6º de educación primaria asistiu onte ao Centro cultural Torrente Ballester para desfrutar dunha xornada chea de Historia. Grazas ao fotógrafo Eloy Taboada e á investigadora Lucía Brage, aprendimos un pouco da labor en equipo que se realiza cando traballan nun xacemento: escavación co fin de atopar testemuños do pasado que nos sirvan para analizar como era a vida nese lugar e realizar fotografías desde distintos ángulos e luces como mostra das descubertas feitas.

Pensamos que foi unha xornada de aprendizaxe didáctica e moi amena a pesar de escoitar «que esgotamento» mentres buscaban pezas con moitas paciencia e Lucía lles respondía «imaxinade isto a máis de 30º sen sombra».

 

LUÍSA VILLALTA NAS LETRAS GALEGAS 2024

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Esta semana dedicamos un tempo fermoso á lectura en galego e ao coñecemento dunha muller polifacética, galega e homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas: Luísa Villalta.

Fixemos algunhas actividades para coñecer máis a súa biografía, limos partes da súas publicacións e posteriormente tivemos un rato para ler no colexio de xeito individual ou facendo lecturas colectivas.

Pica na imaxe

Concurso na Semana de educación viaria do Concello

Por En Educación Especial, Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Este xoves 16 de maio, os alumnos/as de 6º de educación primaria participaron no concurso de ideas organizado pola concellería de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol. Había uns requisitos: material reciclado, material cedido polo concello para a montaxe e moito interés por participar.

Despois de tres semanas traballando nos tempos de recreo e algunhas tardes, conseguiron unha representación ben xeitosa das súas ideas (axudadas pola súa titora María, Jorge, Andrea e Sergio) no pabillón de Esteiro logrando o premio á mellor representación.

PICA NA IMAXE                                                         

 

PARABÉNS NOVAMENTE POLO PREMIO MERECIDO POLO VOSO ESFORZO E TRABALLO EN EQUIPO!

Ligazón ás noticias:

FERROL360

DIARIO DE FERROL

 

 

 

Práctica sobre as propiedades da materia

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Esta semana, a clase de 5º de Educación primaria levou a cabo dúas prácticas para traballar de xeito dinámico algunhas propiedades da materia: masa, volume e densidade.

Resultan ser bastante teóricos e incluso complicados, por iso, leváronse a clase distintos obxectos e alimentos para facer primeiramente as nosas hipóteses e logo comprobar se eran erróneas ou non.


DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA #DEFC2024

Por En Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Onte toda a etapa de Educación Primaria celebrou o Día da Educación Física na rúa xogando en distintos emprazamentos do barrio de Canido. Desfrutaron de cada un dos xogos separados por estacións seguindo as instrucións de Ana e outros/as profes que alí acudiron.

Moitas grazas ao COLEF Galicia por realizar esta actividade poñen, así, en relevancia o papel importante que xoga a Educación Física na sociedade e na saúde mental da man de todos e todas os/as profesionais implicados.

8M, día internacional da muller

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.

Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.

PICA NA IMAXE