(R)COÑECENDO OS MAIOS

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con motivo da celebración dos Maios de Canido, o pasado venres 6 festexamos e adornamos o colexio implicándonos deste xeito, na decoración floral do barrio ao mesmo tempo que aportamos máis contido de xeito práctico ao proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo.
 Velaquí neste vídeo unha pequena mostra de todo o proceso: facendo as guirnaldas, decorando o noso cruceiro, bailando ao son da gaita de Fausto… foi un día moi alegre para todo o claustro e alumnado.

 

AO AIRE LIBRO

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O alumnado e profesorado do colexio saímos do centro educativo con motivo do Día do libro e aproveitamos o proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo para escoller un lugar tranquilo do barrio no que se localiza o colexio e así desfrutar moito máis do tempo de lectura diario.

Amais, deseñamos uns marcapáxinas da man de SAVE THE CHILDREN para vendelos simbolicamente e enviar a nosa axuda ao pobo ucraniano.

 

Día da muller

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Polo 8M, o Día da Muller, quixemos poñer en valor o papel e a importancia da muller na sociedade, e traballar a igualdade de xénero como un eixo fundamental da educación nestas novas xeracións.

Para este día quixemos coñecer a figura dunha muller moi importante na súa época , unha valente , e unha pioneira, Sofía Casanova, unha galega que foi a primeira muller corresponsal de guerra do noso país.

 

Para coñecer un pouco a vida e a persona de Sofía Casanova, vimos algúns vídeos….

CARNAVAL, CARNAVAL

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Os alumnos/as do colexio preparamos varias actividades para celebrar o inicio do proxecto CANIDO EN NOMES e tamén o entroido.

Aproveitando o noso percorrido polas rúas do barrio de Canido, cantamos o poema musicado de Antón Cortizas.

Deixamos un vídeo co proceso de preparación do disfrace así como o percorrido polas distintas calles e edificios emblemáticos deste barrio.

 

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O día de Rosalía De Castro  celebrouse o 23 de febreiro e os nenos e nenas do colexio San Rosendo quixemos homenaxear a nosa poetisa máis importante, traballando sobre parte da súa vida e obra de distintas formas. En función do curso no que nos atopábamos (recitamos, escribimos, fixemos murais…) e deste xeito , sentimos a Galicia de Rosalía, valoramos as marabillas da nosa terra e a sorte q temos de vivir nela!