O Quencemento global

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

En setembro, coincidindo coa cumbre climática e apoiando unha iniciativa mundial, nós decidimos facer un proxecto sobre o quencemento global e as consecuencias sobre o noso planeta.

Gustounos moita saber cousas sobre Greta, xa que nós quermos implicarnos coma ela para coidar o nosa planeta, xa que » Non hai un planeta B». Ela lémbranos sempre as normas da clase…

Comezo do novo curso

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Os nenos de 1º de primaria además de comezar un novo curso, tamén comezamos unha nova etapa, …. XA ESTAMOS EN PRIMARIA !!!!,  e como actividade inicial deste ano fixemos unha chamada » ¿Quieres conocerme? , onde cada un de nós tiña que respostar algunhas preguntas sobre os seus datos, gustos….

despedimos aos de 2º

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

Pouco hai máis que dicir que esta foto non exprese. Os nenos e nenas de 2º fanse maiores e a súa etapa no cole de arriba xa rematou. Unha etapa chea de descubrimentos, de aprendizaxe, de primeiras amizades, de medos para as familias, de incertidume para os nenos/as… en resumo, dunha morea de sentimentos e de ilusións e que agora dan paso a outra etapa de responsabilidades, de novos mestres e da consolidación das amizades para toda a vida.

   Somentes quédame dicir que traballar con este grupo foi un agasallo, que nunca esquecerei, ademáis de por seren a miña primeira promoción, porque sodos uns nenos e nenas fantásticos, non cambiedes  nunca!!!!

 

                                             Sodes marabillosos!!!!!!

 

 

 

os microplásticos

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

Nesta derradeira semana de curso quixemos continuar co noso traballo de sensibilización e concienciación sobre os problemas medioambientais que hai na nosa sociedade, e traballamos sobre os microplásticos que aparecen nas nosas praias. Pero chamounos moito a atención que existiran no noso planeta varias illas feitas de plástico, sobre todo a gran illa de plástico do Pacífico sur.

Fixemos un experimento para saber como se forman as illas de plástico que hai nos nosos océanos…