Co obxectivo de seguir mostrando a nosa cidade aos escolares e promocionala como candidata a patrimonio da Humanidade, o concello convocou un concurso de postais para os/as escolares 4º, 5º e 6º de E.P. e concurso de tiktok para o estudantado da E.S.O.
Aquí debaixo queda unha mostra de todos os participantes do colexio e tamén o acto de entrega de premios onde Sofía (5ºE.P.) resultou gañadora no concurso de postais coa súa acuarela do porto da nosa cidade.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/12/20221214_120433-scaled.jpg)
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/12/20221214_120438-scaled.jpg)
Como colexio integrador que somos abrindo as nosas portas a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, o venres 2 de decembro celebramos o día da discapacidade levando a cabo distintas actividades:
- Marta e o seu día a día como traballadora no centro
- Visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (ASF) acudiu a contarnos un contacontos Azul é peregrino.
- Visita de Álvaro Illobre e dous compañeiros máis que nos ensinaron a práctica do baloncesto desde a súa cadeira de rodas
Todas estas actividades serviron para acercarnos un pouco máis á sociedade na que vivimos.
Moitas grazas a todos!
O pasado 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Dentro dos actos levados ao cabo no centro, falamos en cada aula da importancia do respecto, compromiso, empatía e amor por e para todas as persoas a través do conto Arturo e Clementina e posteriormente, fixemos unha cadea contra a violencia de xénero dixital no patio central do colexio.
Os integrantes do clube de lectura decidiron dar un paso máis e gravaron o conto utilizando un recurso moi habitual nas películas: o chroma.
Aquí está o resultado. A desfrutar!
Dous dos nosos alumnos foron seleccionados polo xurado do Concurso de Dibujo Escolar «La Pesca» integrado na XII Semana de la Ciencia dentro del Año Internacional del Desarrollo.
Este sábado darán os nomes dos gañadores no Liceo Casino de Pontevedra. Desexámosvos moita sorte aínda que xa gañastes sendo seleccionados con outros participantes a nivel nacional.
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/11/Diseño-sin-título-1.png)
Hoxe recibimos a visita de Sara que nos mostrou as distintas actividades que está a levar a cabo o concello de Ferrol para publicitar a cidade como patrimonio da Humanidade.
Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra cada 20 de novembro, os estudantes e profesorado do colexio quixemos celebrar esta data levando a cabo unha actividade dobre: a lectura da adaptación do título Unha chea de familias levada a cabo polo clube de lectura e posterior charla sobre as distintas familias da man de dúas nais da comunidade educativa.
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/11/WhatsApp-Image-2022-11-18-at-12.07.29-PM.jpeg)
Hoxe púxose en marcha o clube de lectura do colexio, actividade que se celebrará dous xoves ao mes e onde traballaremos diferentes aspectos relacionados cos libros.
Desde as áreas de Educación física e psicomotricidade imos traballar distintos deportes. Esta semana tocou judo da man de Alberto Castro e Alba Martínez, ambos de A.D. Judo Ferrolterra.
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/11/descarga.png)