LUÍSA VILLALTA NAS LETRAS GALEGAS 2024

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Esta semana dedicamos un tempo fermoso á lectura en galego e ao coñecemento dunha muller polifacética, galega e homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas: Luísa Villalta.

Fixemos algunhas actividades para coñecer máis a súa biografía, limos partes da súas publicacións e posteriormente tivemos un rato para ler no colexio de xeito individual ou facendo lecturas colectivas.

Pica na imaxe

Concurso na Semana de educación viaria do Concello

Por En Educación Especial, Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Este xoves 16 de maio, os alumnos/as de 6º de educación primaria participaron no concurso de ideas organizado pola concellería de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol. Había uns requisitos: material reciclado, material cedido polo concello para a montaxe e moito interés por participar.

Despois de tres semanas traballando nos tempos de recreo e algunhas tardes, conseguiron unha representación ben xeitosa das súas ideas (axudadas pola súa titora María, Jorge, Andrea e Sergio) no pabillón de Esteiro logrando o premio á mellor representación.

PICA NA IMAXE                                                         

 

PARABÉNS NOVAMENTE POLO PREMIO MERECIDO POLO VOSO ESFORZO E TRABALLO EN EQUIPO!

Ligazón ás noticias:

FERROL360

DIARIO DE FERROL

 

 

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA #DEFC2024

Por En Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Onte toda a etapa de Educación Primaria celebrou o Día da Educación Física na rúa xogando en distintos emprazamentos do barrio de Canido. Desfrutaron de cada un dos xogos separados por estacións seguindo as instrucións de Ana e outros/as profes que alí acudiron.

Moitas grazas ao COLEF Galicia por realizar esta actividade poñen, así, en relevancia o papel importante que xoga a Educación Física na sociedade e na saúde mental da man de todos e todas os/as profesionais implicados.

8M, día internacional da muller

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.

Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.

PICA NA IMAXE

 

O conto do Principiño cobrou vida

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Este ano, o conto do Principiño cobrou vida no colexio durante o entroido.

O noso alumnado representou as personaxes do libro coa elaboración dos disfraces, dentro do proxecto vertical que se está a levar a cabo ao longo deste curso. A través do mesmo, traballamos valores como a confianza e a disciplina, entre outros.