Visita do 3º ciclo ao CIS Tecnoloxía e Deseño

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este lunes 17 de xuño o alumnado de 5º e 6º de educación Primaria asistiu ás instalacións do CIS en a A Cabana co fin de realizar uns obradoiros relacionados coa tecnoloxía, química e cosmética.

Traballando en equipos, realizaron un primer obradoiro sobre os estados da materia e levaron para a casa unha bomba de baño efervescente feita con bicarbonato de sodio, ácido cítrico, un pouco de auga e esencias. Neste mesmo obradoiro puideron ver como se apagan unhas candeas sen «nada» visible e tamén, comprobaron o ph dalgúns líquidos.

O segundo obradoiro foi máis tecnolóxico: programaron unhas placas microbit da BBC creando un dado de seis caras ou o xogo de pedra, papel e tesoiras, entre outros.

Pensamos que quedaron encantados/as coa experiencia vivida nesa mañá!

Aquí deixamos un pequeno resumo pero hai máis información en:

https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/san-rosendo-participa-talleres-cis-cabana-4874256

e no noso perfil de INSTAGRAM @cpr_sanrosendo

Los comentarios están cerrados