O venres 20 de maio os estudantes de 4º de educación primaria tiveron a sorte de poder asistir á Gala escolar de seguridade viaria da nosa cidade á que tamén acudiron outros dez centros educativos. No auditorio de Ferrol escoitamos atentamente as palabras de Germán Costoya (concelleiro de seguridade e tráfico), de José Antonio Chao (xefe da policía local) e Ángel Mato (alcalde de Ferrol) para rematar o acto.
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/05/descarga-2.jpg)
![](http://www.colegiosanrosendo.com/wp-content/uploads/2022/05/FS34CSiXoAAsPMN.jpg)