Visitamos a SGHN

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

    Que sorpresa máis agradable levamos todos os estudantes de 3º e 4º de EP! Aproveitando que estamos traballando o reino animal e sabendo que hai un museo de historia natural moi preto do colexio, fumos ata alí a visitalo.

    Aprendimos moito dos seres vivos alí expostos que viven en ecosistema terrestre e acuático, as súas características principais e tamén algunha curiosidade como o traballo realizado para limpar, conservar e traer o gran esqueleto de balea que hai alí para admirar.

    Estes dous vídeos resumen o anteriormente dito.

Los comentarios están cerrados