DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria que pertenza a unidades familiares cunha renda per capita igual ou inerior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES:
- O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar (vale de 50 €) no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.
- O resto de alumnado que cumpra cos condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas, e que non presentou a axuda para o material para o curso 2020-21, presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.
- O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electronica da Xunta https://sede.xunta.gal.
PRESENTACIÓN:
- O prazo de presentación será de 10 días hábiles; é dicir, ata o 25 de novembro inclusive.
- As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:
- Anexo II debidamente cuberto e asinado.
- Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.
- En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.
- Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se no é da Xunta de Galicia.
- Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.
- Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a xuda de libros e material escolar no curso 2020-21.
- A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.